Monday 06 de May de 2024

A Xunta pon en valor o avance cara un envellecemento máis activo e saudable durante a celebración do Día dos Avós


O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá a Residencia Santa Teresa de Jornet das Hermanitas dos Ancianos Desamparados na Coruña para participar na celebración do Día dos Avós, un evento que, como cada ano, ten lugar o día 26 de xullo e que pretende que os usuarios das residencias desfruten dunha xornada festiva dedicada exclusivamente a eles.

Durante a visita, o director xeral de Atención Integral Sociosanitaria puido percorrer as instalacións da residencia coruñesa e acompañar na hora de xantar aos usuarios do centro. Unha xornada que tras este ano de pandemia faise aínda máis necesaria, xa que os maiores foron un dos colectivos que máis padeceu as consecuencias da pandemia. Antón Acevedo, puxo en valor a realización destas actividades, nas que pouco a pouco vaise notando o progreso cara á nova normalidade, e manifestou a necesidade de celebrar que os maiores avancen rumbo un envellecemento cada vez máis longo, activo e saudable pero, sobre todo, cada vez mellor.